Opera analiza o uso que se fai da Internet móbil

martes, 24 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Crecemento do consumo de datos (en Mbytes) dende Opera Mini

Os navegadores web máis populares en móbiles de prestacións baixas e medias son sen dúbida os de Opera (Opera Mobile e Opera Mini) o que lle sirve a esta compañía para poder debuxar unha radiografía bastante fiel do uso que a xente fai da web móbil (xa que o tráfico de Opera Mini pasa polos servidores de Opera para a súa optimización a terminais de poucas prestacións), e así publica os datos recollidos en varios países (Estados Unidos, Sudáfrica, Ukrania, Inglaterra, Indonesia, Rusia, China, Alemaña e Polonia) entre os meses de febreiro e xuño do presente ano, deducíndose que a meirande parte dos usuarios teñen entre 18 e 27 anos, o incremento de usuarios de Opera Mini medrou de xeito moi importante (chegando aos 14,7 millóns de usuarios en maio, cunha media de 2,9 millóns de páxinas visitadas).
A meirande parte dos usuarios son varóns (entre o 75,3% e o 95% segundo o país analizado) e as páxinas máis vistas corresponden a buscadores, redes sociais e webs informativas, destacando dende Opera o interese da consulta de información deportiva dende o móbil (o que se notará especialmente coa actual Eurocopa de fútbol e os Xogos Olímpicos).

PUBLICIDADE