Opensport volve proporse como a solución ideal para o fútbol televisado independente de operadores

xoves, 23 de agosto do 2018 Marcus Fernández

A pasada tempada, e tras a intervención da CNMC, Mediapro viuse obrigada a non distinguir entre operadores tradicionais e por Internet na comercialización do fútbol, o que facilitou que Opensport puidese ofrecer aos seus clientes toda a oferta de fútbol televisivado, para fortuna dos usuarios que non queren que este tipo de contido sexa o que decida o operador de telecomunicacións que contrata, e coa chegada da nova tempada temos que volve ser así, e Opensport xa está a promocionarse como «a única plataforma de España que permite ver o mellor deporte dende onde queiras. Sen compromiso de permanencia».
Lembremos que Opensport é un servizo de retransmisións deportivas en streaming que pode recibirse a través do ordenador, de tabletas, de móbiles, de televisores conectados e tamén de Chromecast, Apple TV e Android TV, de xeito que practicamente está accesible onde haxa unha conexión á Rede, ofrecendo actualmente o Partidazo da Liga Santander e LaLiga 1|2|3, LaLiga 1|2|3, Motor e moito máis en alta definición até en 2 dispositivos simultáneos por 7,99 euros/mes.
Para usuarios que demandan máis contidos futbolísticos anunciaron onte que a partires de setembro tamén ofrecerán o Plan Partidazo + Champions a un prezo de 15,99 euros/mes e o Plan Todo Fútbol por 19,99 euros/mes, ao que Telefónica respondeu que aínda non pechou o acordo de dereitos con Opensport, dando a impresión de que a plataforma de streaming considera que trátase só dun trámite, xa que os reguladores garántenlle o acceso aos contidos deportivos a prezos competitivos, e as declaracións públicas de Movistar poderían buscar evitar unha fuxida de clientes a operadores de baixo custo.

PUBLICIDADE