Oosah ofrece 1 Tb de almacenamento de balde

xoves, 18 de setembro do 2008

Na actualidade existe unha ampla oferta de servizos de almacenamento na Internet con grande capacidade, pero poucos son comparables a Oosah, que promete ata 1 Terabyte de almacenamento de balde, aínda que limitado a ficheiros de vídeo de non máis de 200 Mbytes, imaxes de ata 50 Mb e temas musicais de ata 9 Mb.
O servizo pode integrarse con outras redes sociais e incluso estreou versión para o iPhone este verán, polo que é unha opción máis a ter en conta á hora de gardar os nosos ficheiros na Rede.

PUBLICIDADE