Ono podería estar a estudar a compra da operadora de cable R

xoves, 7 de agosto do 2008 Marcus Fernández

Cando Gas Natural formalice a compra de Unión Fenosa podería desprenderse do activo que supón a operadora galega de cable e telecomunicación R (da que posúe o 35,44% das participacións), tendo que ofrecer a Caixanova (segundo accionista de referencia co 30,80% da compañía) unha opción de compra, aínda que a Caixa aínda non decidiu se tomará o control de R, o que fai volver os rumores sobre a posibilidade de que Ono (o principal operador de cable a nivel español) se faga con R, mellorando así a súa cobertura estatal, pois as únicas comunidades autónomas nas que non dá servizo directo son Galicia, Asturias, País Vasco e Estremadura (nesta última comunidade non se adxudicou o servizo de cable).
Ono xa mercou no pasado as operadoras Retecal e Auna, espallándose así por case todo o Estado, polo que non sorprende que agora teña no punto de mira a R, Euskaltel e Telecable, operadoras que completarían a súa presenza, aínda que polo momento non se agarda que as dúas últimas se poñan en venda.

PUBLICIDADE