Ono estreará conexións a 100 Mbps a finais de ano

luns, 12 de maio do 2008 Marcus Fernández

Eugenio Galdón anunciando o incremento de velocidade das súas redes dende o último trimestre do ano

A operadora de cable Ono quere ser das primeiras en dar un grande paso adiante na velocidade das súas conexións, comezando por Cataluña e pasando logo a Madrid e á Comunidade Valenciana.
Ono realizará un investimento de 75 millóns de euros, de xeito que pretenden converterse no primeiro operador en comercializar conexións de 100 Mbps, comezando no último trimestre do ano e agardando chegar ao 25% dos seus usuarios en 2010.
O presidente de Ono, Eugenio Galdón, afirma que «o cable é o verdadeiro motor do desenvolvemento da Sociedade da Información en Europa» e coa actualización da súa rede a DOCSIS 3.0 asegura que poderán incrementar drasticamente as capacidades das redes de fibra.

PUBLICIDADE