Oito proxectos TIC, presentados ante investidores de toda España na nova xuntanza de Vindeira
venres, 8 de xullo do 2011
Santiago acolleu esta semana un encontro
dirixido a establecer novas alianzas e camiños de colaboración entre ideas
emprendedoras e investimentos para pór en marcha e converter en realidades esas
ideas emprendedoras. Estamos a falar da segunda edición do Encontro Vindeira
Capital Network, evento ao que tivemos ocasión de acudir o ano pasado, tal e como
reflectimos nesta web, e que, para entendérmonos, achega unha boa
oportunidade para pasar das palabras aos feitos, empresarialmente falando. A
xuntanza, moi ligada ao sector tecnolóxico-dixital (na organización está a
plataforma Vindeira, que dá acubillo a empresas galegas deste eido produtivo),
funciona a xeito de foco de atracción de apoios de capital. Ao seu acubillo
déronse a coñecer proxectos galegos TIC pendentes de impulso orzamentario
perante investidores de todo o ámbito estatal.
A nova edición do evento serviu tamén para
anunciar o lanzamento do International
Business Plan Competition, unha iniciativa da ConsellerÃa de EconomÃa que
se dirixe a pór en xogo un capital de 20 millóns de euros. A presentación deste
proxecto correu a cargo de Ricardo Capilla, director xeral de I+D, quen
participou no acto xunto cunhas 40 entidades, informan medios como La
Voz.
En total, déronse a coñecer polo miúdo oito
proxectos no hotel HN Obradoiro de Santiago, escolmados dun total de dezasete
iniciativas empresariais. Por certo que a posta en marcha destas empresas TIC
significarÃa a creación de máis de cen postos de traballo directos, ao que cumprirÃa
engadir un bo número de indirectos. Segundo conta o dito medio galego, xa na
recta final da xuntanza anunciouse a concorrencia dunha das sete empresas
aspirantes a financiamento no Southern
Europe Tech Tour, unha xira europea que leva os obxectivos da Vindeira Capital
Network a maiores espazos de colaboración. O nome da empresa darase a coñecer
este luns.
Por certo que as sete aspirantes son estas que
incluÃmos a continuación:
· A Secret Plane (rede social profesional)
· Binaurality – escoita e aprende (aplicación
para formación en idiomas)
· eLaboro (mecanización de procesos -
eAdministración)
· Insati (servizos de eHealth)
· NikiNiko Mobile AR (realidade aumentada)
· Teimas (site
xestión de residuos)
· TodosVecinos.com (xestión online de
comunidades de veciños)
A estas
propostas cómpre engadir a Live the Place, o proxecto
gañador da segunda edición do StartUp Weekend Galicia.