Office para Android deixará de funcionar nos Chromebooks

xoves, 26 de agosto do 2021 Marcus Fernández

Unha das grandes vantaxes que teñen os Chromebooks para moitos usuarios é o feito de que, aparte de aplicacións web, tamén permiten correr aplicacións para Android, pero estes días os usuarios das aplicacións de Microsoft Office para Android baixo Chrome OS están a recibir unha notificación instándoos a utilizar a versión web das aplicacións, informándoos de que eliminaron o soporte da versión para Android nos seus equipos.
Dende About Chromebooks aseguran que o soporte das aplicacións de Office para Android nos Chromebooks rematará en setembro, buscando así que os usuarios teñan unha experiencia optimizada, pois non podemos esquecer que as aplicacións para Android están optimizadas principalmente para pantallas de smartphone, polo que o seu comportamento en pantallas de portátil e equipos de sobremesa non é todo o bo que debería.

PUBLICIDADE