Office Mobile xa permite acceder a ficheiros de Office 2007

luns, 3 de decembro do 2007

Microsoft actualizou o seu paquete ofimático para móbiles de xeito que agora inclúe compatiblidade con Office 2007, polo que os documentos en formato OOXML xa se poden consultar dende Office Mobile.
A nova actualización estará dispoñible para usuarios de Windows Mobile 5 e 6, e tamén mellora a visualización de follas de cálculo de Excel, permite ver SmartArt en PowerPoint Mobile e pode acceder e extraer os ficheiros comprimidos en ZIP.

PUBLICIDADE