Oceans achega de balde o Samsung Galaxy S III mini a quen contrate este Nadal a súa tarifa Mega 25

mércores, 26 de decembro do 2012 Redacción

O operador galego Oceans ten entre mans unha promoción estrela para este Nadal. Segundo nos conta esta empresa da Coruña, a promoción consiste na achega, de balde, do novo Samsung Galaxy S III mini para os clientes que contraten a tarifa Mega 25 de Oceans. Esta tarifa, lembraremos, ofrece por 25 euros até 100 minutos en chamadas, 300 mensaxes de texto (SMS), 5 Xb de datos e máis os servizos multiSIM e VoIP. A maiores, informa Oceans, é posíbel ampliar o a liña de datos até 10 Xb, “pagando só 5 euros máis co módulo adicional”.
Polo que respecta ao aparello de Samsung incluído na promoción, dicir que se trata da evolución natural do Galaxy S III, só que nun tamaño máis reducido, cunha pantalla de catro polgadas, pero mantendo funcionalidades e características previas como o sistema Android Jelly Bean, Pop Up Play, Direct Call, S Voice ou Smart Alert. Segundo nos advirte Oceans, cómpre ter en conta que este aparello, en circunstancias normais, coa tarifa Mega 25 e sen oferta de promoción de Nadal, tería un custe de 129 euros. Dende Oceans tamén lles recomendan aos clientes que non deixen para mañá a contratación do dito paquete, xa o número de unidades é de 1.000, e a campaña durará até que se esgoten (e tendo en conta o tirón destes trebellos, non será unha campaña moi longa). Para contratala, engaden, hai que chamar ao servizo gratuíto de atención ao cliente da empresa: 900 200 210.

PUBLICIDADE