Obama estrea unha páxina web para ilustrar a súa chegada á Casa Branca
venres, 7 de novembro do 2008
- O dominio na nova web leva o cambio no seu nome
Rematadas as eleccións
norteamericanas, e definido quen será o novo presidente dos EE.UU., o equipo de
Barack H. Obama que conduce o proceso de cambio de mando na Casa Branco lanzou
unha nova web baixo o dominio Change.gov para
documentar o cambio e recibir ideas
dos cidadáns.
Continúa asà a aposta que fixeron os demócratas pola Internet nos pasados
comicios, de xeito que seguen a apoiarse na Rede para conservar o espÃrito de
unidade por un obxectivo común para que a nova presidencia non decepcione.
A transparencia parece ser a chave deste proceso de transición, que incluso se pode seguir a través dun blog,
e como exemplo do achegamento ao público incluso se pode consultar en Flickr
unha colección
de fotografÃas nas que se pode ver cómo foi a noite electoral para o futuro
presidente.