O xoves remata o prazo para presentarse á terceira edición de MexilOnseTuits

martes, 29 de xullo do 2014 Marcus Fernández

A terceira edición dos Premios Galegos do Marketing en Medios Sociais MexilOnsTuits trasladou este ano tanto a súa data como a súa sede, celebrándose o vindeiro 18 de outubro no Auditorio Municipal de Cangas, e para aceptar traballos nas súas categorías remata o prazo de presentación o vindeiro xoves, polo que aos interesados en competir deberían bulir para cubrir o formulario de participación nestes premios de referencia.
En MexilOnseTuits premiarase ao Mellor Blog de Moda, ao Mellor Blog Informativo/Cultural, ao Mellor Blog Turístico, ao Mellor Blog Gastronómico, á Mellor Campaña Social, á Mellor Campaña Comercial, ao Mellor Vídeo Viral e á Mellor Integración E-commerce, esperándose que unhas semanas antes da gala de entrega dos premios poidamos coñecer aos finalistas en cadansúa categoría, o que permite visibilizar o dinamismo deste sector dentro da nosa comunidade.
Este certame ten unha dobre función, pois aparte de dar a coñecer a distintas iniciativas do sector do social media que se desenvolven en Galicia, tamén contribúe a proxectar a comarca do Morrazo no seu conxunto (gastronomía, patrimonio, natureza...) a través das plataformas de web social, de aí que tras dúas edicións en Bueu, agora opten por Cangas para potenciar esta face do festival.

Gañadores da primeira edición de MexilOnseTuits

PUBLICIDADE