O xogo en liña abrangue xa un terzo do mercado de Internet en España

venres, 5 de abril do 2013 Redacción

Segundo datos recentes, España xa representa o terceiro mercado europeo do xogo en liña e en 2013 seguirá mantendo esta posición no ranking europeo, pero subirá a súa posición a nivel global, acadando o 8,6% do mercado mundial. De feito, o sector dos xogos online en España é cada vez máis forte e nada indica que as cousas vaian cambiar nos vindeiros meses. Segundo un recente estudo levado a cabo por NetBet.es en colaboración con LivePartners, empresa que promove en todo o mundo marcas da industria do xogo por Internet, o xogo en liña é líder co 31,9% do mercado de Internet en España.
Polo que respecta aos medios de comunicación, as ditas empresas salientan en gran medida o continuo subministro, mes tras mes, de múltiples novas sobre a evolución do sector destas actividades de lecer en liña, dando así testemuño do medre dunha industria que, por moi diversos motivos (entre os que non se descarta a situación económica crítica xeral e a arela de superala, persoalmente, a través deste tipo de xogos), segue a amosar unha gráfica ascendente, cunha previsión para 2013 dun 155% de crecemento, alcanzando un volume total de cantidades xogadas de 6.000 millóns de euros.

PUBLICIDADE