O xestor de contidos SPIP chega á súa versión 2.0

xoves, 18 de decembro do 2008 Marcus Fernández

Tras 2 anos de desenvolvemento sae SPIP 2.0, unha nova versión do xestor de contidos libre que nace dun movemento social solidario (non técnico) con grande forza entre usuarios francófonos, pero que tamén conta cunha interface de uso totalmente traducida ao galego., e mesmo conta cunha boa selección de webs galegas utilizando versións anteriores deste CMS.
A nova versión de SPIP mellora en facilidade de uso e de desenvolvemento e incluso se consegue que a súa instalación sexa máis doado e rápido que antes. A interface privada de xestión tamén incrementa o seu uso de AJAX para facer máis cómodo o seu uso.
Entre as novidades tamén estaría a posibilidade de configurar campos de contido, restaurar copias de seguridade antigas (fusións, incrementais, parciais…), utilizar unha única instalación de SPIP para hospedar varias webs, utilizar varias bases de datos nunha única instalación, personalización de URL e moitas outras melloras.

PUBLICIDADE