O xerente de Buscadestinos.com abrirá a vindeira edición da LaconNetwork en Vigo

mércores, 17 de abril do 2013 Marcus Fernández

O encontro gastronómico de profesionais e emprendedores do sector TIC galego, a LaconNetwork, retomará desta volta a súa data de celebración habitual no último venres do mes, de xeito que o vindeiro 26 de abril a partir das 13:00 horas xuntará no Campus Universitario de Vigo aos habituais deste tipo de encontros, abríndose a xornada cun relatorio de José Alcañiz, director xeral de Buscadestinos.com.
Xa está aberta a inscrición para o encontro, tendo que aboar os interesados en acudir un total de 15 euros para poder participar así nun xantar composto por táboa mixta de xamón e queixo, nuggets de polo, patacas ali-oli, luras, mexillóns, brochetas e xamón asado.

José Alcañiz abrirá a vindeira LaconNetwork cun relatorio