O virus MMS Bomber afecta a máis dun millón de móbiles chineses

luns, 5 de abril do 2010 Marcus Fernández

O Centro de Coordinación de Respostas de Emerxencia da Rede de China advertiu aos usuarios de que o virus MMS Bomber está a propagarse de xeito masivo entre terminais móbil baseados na terceira edición de Symbian S60 (ou sexa, principalmente a móbiles de alta gama de Samsung e Nokia) afectando a máis dun millón de móbiles.
O virus disfrázase de aplicación e, ao instalarse, remite por MMS aos contactos da axenda do móbil ligazóns que permitan a descarga do virus para a súa propagación, o que supón unha molestia a varios niveis (entre os que está o económico, pois pode engordar considerablemente a factura do móbil).

PUBLICIDADE