SICON

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3015 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

O violento The Darkness estrea secuela

venres 10 de febreiro do 2012, por Marcus Fernández | | Compartir | |

As tendas de videoxogos españolas reciben hoxe cos brazos abertos a The Darkness II, título desenvolvido polo estudo Digital Extremes para PC, PlayStation 3 e Xbox 360 que está baseado nun cómic da editorial Top Cow e no que tomamos o papel de Jackie Estacado, o líder dunha organización criminal que leva no seu interior unha forza demoníaca coñecida como a Escuridade, que a efectos prácticos funciona como un par de brazos demoníacos que permiten cortar, agarrar e arroxar, mentres que os brazos humanos serven para empuñar ata 2 armas de fogo, deixando claro que o xogo non ten reparo á hora de amosar violencia e terror.
The Darkness II é un bo shooter en primeira persoa, que conta con numerosas armas, poderes sobrenaturais e o reto de ter que recuperar a enerxía para sobrevivir nunha aventura que busca acadar unha estética propia dos comics. Un xogo para maiores de 18 anos que pode recomendarse tanto a amantes do cómic como da súa primeira entrega.

Trailer de lanzamento do xogo

JPEG - 226.7 KB
O xogo non ten reparos en amosar violencia
JPEG - 486.6 KB
A Escuridade permite que o protagonista conte con 2 brazos demoníacos mentres dispara armas de fogo cos seus brazos humanos
 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS