O vindeiro venres a LaconNetwork celebrarase no MUNCYT da Coruña

luns, 23 de marzo do 2015 Marcus Fernández

A sede coruñesa do Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) vai ser o escenario de luxo para a celebración a da 59º edición da LaconNetwork, encontro de profesionais e emprendedores do sector tecnolóxico galego que desta volta xantarán no edificio Prisma de Cristal á vez que participarán do networking propio deste tipo de eventos que contribúen á dinamización do sector TIC autonómico.
O xantar composto por empanada artesá de bonito, pulguitas, montadiños, queixo, phoskitos de salmón e queixo e bocadiños de emparedados vexetais botará a andar ás 14:00 horas, aínda que a actividade gastronómica non chegará soa, senón que estará precedida por unha visita ao Museo ás 13:15 horas, permitindo así coñecer esta xoia arquitectónica e algúns dos contidos das súas exposicións actuais.
Os interesados en asistir deberán inscribirse, realizando un pagamento de 20 euros para sufragar o xantar.

PUBLICIDADE