O vindeiro filme de Pixar estrearase directamente en Disney+ sen cargos adicionais

venres, 9 de outubro do 2020 Marcus Fernández

A pandemia provocou que boa parte das salas de cine do mundo estean pechadas, e as que manteñen a súa actividade reduciron moito a súa capacidade e contan con moito menos público, de aí que o calendario de estreas cinematográficas estea a adiarse constantemente xa que a industria cinematográfica non quere estrear unha superprodución na que realizou un grande investimento e rematar perdendo cartos (como parece estar a acontecer con Tenet, que pese a funciona relativamente ben, está a ter problemas para obter número negros. En contraste temos que a Disney, en vez de correr o risco das salas convencionais, apostou por estrear o novo filme de Mulán en Disney+ a un prezo promocional de 21,99 euros a maiores da cota de servizo, o que anoxou a moitos subscritores e chegaron a organizar unha campaña en redes sociais desacreditando o filme e dándolle moi mala prensa, de xeito que poderiamos considerar que este experimento da Disney fracasou, o que constataría o anuncio de que a película Soul finalmente non chegará aos cines, estreándose en exclusiva en Disney+ o 25 de decembro, como un agasallo de Nadal aos subscritores, que agradecerán non ter que pasar por caixa para ver unha película claramente pensada para estrearse en cines, o que tamén contribuirá a que Disney+ transmita a sensación de ser un servizo de valor, algo moi necesario para corrixir a imaxe actual da plataforma, que semella un bo fondo de catálogo ao que apenas chegan novidades, e que manterase así durante bastantes meses xa que a Disney está a conxelar a súas estreas cinematográficas para minimizar as perdas económicas da conxuntura sanitaria global.

Tráiler de Soul no que aínda contaban coa posibilidade de estrear o filme en salas convencionais

PUBLICIDADE