O vindeiro domingo volve ás ondas o programa de radio Game 40
venres, 20 de marzo do 2009
A primeiros dos
ano pasado tiñan
pensado emitir un programa especial de Game
40 en Radio Sabadell, coma homenaxe ao desaparecido espazo radiofónico
de Los 40 Principales que levaba unha
década fóra de antena, pero a iniciativa non prosperou ante a oposición da
emisora que dera a luz o programa, e agora vemos por qué: Game
40 volve ás ondas, os domingos
ás 22:00 horas.
Polo momento o programa xa conta con
páxina web, e aÃnda que non contará cos seus presentadores históricos (coma o polémico Guillem
Caballé, Carlos Ulloa, Manuel MartÃn ou Pin), promete converterse nun dos 4 pés
nos que sosterá esta plataforma informativa sobre videoxogos (pois non se
limitan á radio, senón que tamén se apoian na web, a televisión e a prensa).
O condutor do programa de radio será Kiko Bejar, que achegará información sobre
o sector, entrevistas, música de videoxogos e moito máis a partir do vindeiro
domingo.