O tradutor automático de Google confunde a Galicia con Portugal e Brasil
mércores, 6 de outubro do 2010
- Imaxe coa que Culturagalega.org escenifica a confusión xeográfica do tradutor automático de Google
O tratamento que Google fai
ao galego na Internet é algo que temos criticado no pasado, e asà como hai
cousa dun par de anos denunciamos
que Google está a marxinar as páxinas web en galego nos seus resultados de
busca, agora dende Culturagalega.org dan conta de que os tradutores
automáticos do buscador incorporan erros que van máis alá dunha conversión de
frases e palabras traducindo «realidades
xeográficas e polÃticas» de xeito que cando collemos unha páxina web en
galego e traducÃmola a través de Google ao español ou ao inglés atopamos que Galicia pode
confundirse con Portugal ou Brasil, de xeito que, coma pode verse en
distintos exemplos, confúndese A Coruña con São
Paulo, o grupo musical Mafia Galega convértese en Brazilian Mafia, o D.O.G. é o
Diario Oficial de São Paulo, o 25 de xullo celébrase o DÃa da Patria portuguesa
e o noso conselleiro de Cultura apoia a literatura portuguesa e incluso a
Ribeira Sacra vese substituÃda pola rexión do Alentejo.
Destes exemplos podemos sacar dúas conclusións: as traducións automáticas non
son fiables (pois poden distorsionar totalmente a realidade) e Google continúa
a ter ao galego nun segundo plano (lembremos que servizos coma Gmail están
accesibles en español, catalán e éuscaro mentres o galego continúa
discriminado).
- A tradución automática da páxina web da Xunta confunde a Galicia con Portugal e São Paulo, e á Ribeira Sacra con Alentexo.