O teletexto de TVE cumpre 20 anos

luns, 19 de maio do 2008 Marcus Fernández

En maio de 1988 entrou en funcionamento o teletexto de Televisión Española, converténdose nun servizo pioneiro en España (pese a que xa chegara a outros países a comezos dos anos 70), ao que seguiron moitas outras televisións pese a que esta tecnoloxía tardou en incorporarse a televisores e reprodutores de vídeo.
En todo este tempo (20 anos) o servizo do teletexto se empregou para achegar información como a grella da programación dende o propio televisor, ver novas, consultar os resultados da lotería ou coñecer a hora actual, resultando especialmente de utilidade como sistema de xeración de subtítulos.
Actualmente o teletexto de TVE conserva a posición líder no tocante á súa audiencia, e continúa a empregarse con certa frecuencia, pois o seu equivalente avanzado, o Digitext, aínda é un produto moi marxinal (só funciona dentro da TDT interactiva).

PUBLICIDADE