O telecentro de Oroso recibe a Papá Noel por videoconferencia
martes, 15 de decembro do 2009
O telecentro de
comunicación de Oroso, na provincia da Coruña, vén de adiantarse ao Nadal e
acaba de sorprender aos veciños do lugar (sobre todo aos máis cativos) cunha
visita de Papá Noel a través de videoconferencia.
Como non podÃa
ser doutra maneira, o Centro Multimedia de Galicia está a aproveitar estas
datas para brindar aos nenos desta e doutras localidades a oportunidade de
manter unha videoconferencia con Papá Noel na que poidan pedirlle os seus
xoguetes favoritos e que cheguen a tempo para xogar con eles nas vacacións de
Nadal.
Dende Laponia e
en tempo real, Papá Noel atendeu en directo as preguntas e demandas de todos os
nenos e nenas que se achegaron para falar con el ao telecentro de comunicación
do concello. Trátase dunha iniciativa máis da campaña ComunÃcate coa que o Centro Multimedia de Galicia pretende dar a coñecer todas as posibilidades que
ofrecen os telecentros de comunicación, tamén nestas datas.
A través desta
campaña preténdese converter os telecentros de comunicación en puntos de
referencia, dentro de cada concello, como lugares de encontro, de formación e
de promoción do audiovisual galego.