O software libre, a debate na TechBusiness Web 2007

luns, 5 de novembro do 2007 Raquel Noya

No marco da VII Semana Internacional de Tecnoloxía e Negocios (TechBusiness Week 2007) que deu comezo hoxe luns, 5 de novembro, o reitor da Universidade da Coruña, José María Barja vai inaugurar no salón de actos da Facultade de Informática unha xornada sobre Software Libre que se desenvolverá mañá martes de 9:15 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.
Este acto forma parte dos cinco congresos que conforman a sétima edición da TechBusiness Week 2007 que organiza o Foro e-Gallaecia e que ten lugar en distintos centros das tres universidades galegas.
Os eidos que se abordaran nesta edición da TechBusiness Week son a Seguridade en BBDD e Programación, Software libre, Mobilidade e Telecomunicacións, Management e Sociedade da Información.

PUBLICIDADE