O servizo telefónico de información galiciamano amplía os seus recursos

luns, 27 de agosto do 2007 Fernando Sarasketa

O servizo de información telefónico galiciaamano vén de ampliar obxectivos e funcións, concretamente a través da incorporación á súa base de datos de 500 novos restaurantes, co que os recursos do directorio devandito sitúase nos case 50.000 rexistros. Segundo informa a empresa galega amano, a novidade non se limita unicamente á incorporación en si mesma, senón ó xeito de manexar esa información, que se presenta perante os clientes dun xeito máis accesible. Por exemplo: poderemos procurar datos sobre os devanditos restaurantes en función da rúa na que nos atopemos, ou mesmo conseguir o enderezo do novo establecemento na nosa cidade ó que estamos interesados en acudir, ou tamén coñecer de primeira man que tempo acompañará á sesión gastronómica do día seguinte.
Amais desas procuras, prosegue galiciaamano, achégase a maiores atención en galego e castelán, devolución da chamada e mesmo resposta por correo electrónico ou por SMS (é posible falar cos responsables do servizo dende calquera curruncho do Estado español no que nos atopemos).

PUBLICIDADE