O servizo de encontros mobifriends.com supera o medio millón de usuarios

martes, 16 de xullo do 2013 Fernando Sarasketa

Malia a que está caendo, económica e politicamente, a xente está máis que nunca nas comunidades en liña e, dun xeito particular, nos sitios de encontros. Se cadra, para atoparlle unha explicación a isto, abonda con facer unha pequena variación na dita frase. Recapitulemos entón: por mor da que está caendo, a xente está máis que nunca nos sitios de encontros. Buscamos un ombreiro no que chorar? Pois posiblemente, pero tamén é certo que hai máis motivos: por exemplo atopar alguén que, a diferenza dos medios de comunicación (inzados de intereses económicos e informacións intragábeis do eido do corazón), fale na nosa mesma linguaxe ou frecuencia. Isto é o que quere ofrecer un dos servizos web que semella experimentar máis crecemento, mobifriends.com, que segundo indican os seus responsábeis, xa superou o medio millón de usuarios.
Para os promotores deste servizo, en tempos coma estes é un feito que se incrementa o deseño de coñecer xente ou buscar parella estábel. “De feito”, explican, “así o demostran as cifras de Mobifriends, o portal gratuíto de encontros que recentemente vén de superar o medio millón de usuarios rexistrados”. Ao seu xuízo, Internet e concretamente estas páxinas de encontros foron unha revolución e convertéronse nun espazo facilitador para que a xente poida relacionarse, compartir afeccións ou facer amizade con outros usuarios igual que se o fixesen nun bar ou unha discoteca. Pero aínda van máis alá do devandito: consideran que servizos como os que ofrece mobifriends son case inmunes á recesión. E máis tendo en conta que se trata dunha web de balde “que ofrece recursos de calidade e garanten a protección e seguridade dos datos persoais do usuario”, comentan.
Na actualidade mobifriends.com, que segue sumando usuarios e está presente en 33 países entre os que se atopan España, México, Colombia, Arxentina, Perú, Venezuela e Estados Unidos.
O portal, creado en Barcelona e que conta cunha patente internacional, é un servizo para coñecer xente gratis a través de Internet e o móbil, e está dispoñíbel en español, catalán e inglés. A través desta web o usuario pode ligar, buscar parella gratis, facer amigos ou buscar persoas coas mesmas afeccións. O servizo permite tamén enviar mensaxes e mobis (divertidas mensaxes animadas), chatear con texto, e verse e ouvirse coa webcam e o micrófono no vídeo chat.

PUBLICIDADE