O sábado formalizarase a creación da Asociación Chuza

xoves, 14 de outubro do 2010 Marcus Fernández

En pleno verán dicía adeus Chuza!, para que poucos días despois xa estivese organizada unha iniciativa para recuperar tal espazo na Rede, e finalmente estes esforzos parece que van dar resultados, de xeito que o vindeiro sábado nas instalacións compostelás de Dinahosting vanse asinar os estatutos da Asociación Chuza, entidade que encargarase no futuro da xestión de Chuza!.
Durante os últimos meses xa existe unha versión renovada de Chuza! baixo o dominio de Internet chuzar.gl, que pretende servir de campo de probas para o que será o novo Chuza!, que verá a luz en breve grazas aos esforzos dun grupo de voluntarios comprometidos con esta ferramenta de grande utilidade para a comunidade galega na Rede.

PUBLICIDADE