O sábado entregaranse os premios da OlimpÃada Informática Galega
venres, 29 de abril do 2022
O Colexio
Profesional de EnxeñarÃa en Informática de Galicia (CPEIG) celebrará este
sábado o acto de entrega de premios da OlimpÃada Informática Galega organizada
coas tres universidades públicas galegas en colaboración co CITIC e celebrada
o pasado 11 de marzo, na que resultaron gañadores Óscar Carballo Puebla,
natural de Castro de Rei (Lugo), e estudante de formación profesional do CPR
Plurilingüe Liceo La Paz, e, no segundo posto, Paula Taibo Suárez, de Culleredo,
estudante de 2º de Bacharelato do IES Rego de Trabe do mesmo municipio coruñés.
Óscar Carballo tamén conseguiu
a medalla de bronce na OlimpÃada Informática Española celebrada a primeiros
de mes en Madrid, mentres que Paula Taibo recibiu un diploma de mención como
finalista do certame.
O evento de entrega de premios celebrarase ás 11:00 horas no Auditorio Neira
Vilas da Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura de Galicia e contará coa asistencia
do conselleiro de Cultura, Educación e Universidades, os reitores da UDC e a
USC e o presidente do CPEIG, asà como dos participantes acompañados polas súas
familias e directores e profesores dos seus centros de ensino.