O rural contará con 88 novas terminais de acceso a ofertas de traballo

xoves, 7 de xuño do 2007

A Concellería de Traballo prevé instalar 88 puntos de información de Pegada Dixital, o sistema para que os desempregados poidan renovar as demandas de traballo e consultar as ofertas sen ter que achegarse á oficina do Servizo Galego de Colocación, para o 2008, dos que 38 xa teñen un destino decidido, mentres que outros 50 están por determinar.
Actualmente xa hai 104 puntos de información nos concellos galegos, que resultan de especial utilidade para os habitantes do rural galego, que evitan desprazamentos para realizar trámites co Servizo Galego de Colocación.

PUBLICIDADE