O reprodutor de vÃdeo de YouTube poderÃa incorporar melloras en breve
luns, 28 de maio do 2007
Trala adquisición do servizo de vÃdeos na Rede
YouTube por parte de Google os usuarios apenas percibiron ningún cambio, pero
segundo publican en varios blogs, están a traballar nunha actualización
do reprodutor de vÃdeo de YouTube que se integra nas páxinas web dos seus
usuarios, para integrar caracterÃsticas das que xa gozaba o reprodutor de
Google Video.
AsÃ, os vÃdeos de YouTube non se terán que ver forzosamente de principio a fin,
senón que será posible navegar polos vÃdeos ata posicións en concreto (e
incluso definir ligazóns que leven directamente a ese punto do vÃdeo), non
tendo que agardar á pre-carga dos fragmentos de vÃdeos anteriores.
Pero as melloras do reprodutor non se cinguen ás caracterÃsticas de Google
Video, senón que comezarÃa a incorporar funcións que melloran o popular
reprodutor de vÃdeo para competir con outros competidores, como poderÃa ser a
visualización de miniaturas sobreimpresas de vÃdeos relacionados co que se está
a ver (que permiten navegar entre varios vÃdeos sen cargar páxinas distintas) e
mesmo a posibilidade de achegar o código HTML que permiten incrustar os vÃdeos
en páxinas webs e blogs sen ter que visitar o sitio de YouTube, aforrando tempo
ós usuarios.
Non se coñece o que tardará YouTube en incorporar estas novas funcións, pero de
seguro que os usuarios as acolleran de bo grado, xa que pese á existencia de servizos
de calidade superior, o volume de clips no servizo de vÃdeo o converten nun
lÃder absoluto, que de mellorar en prestacións consolidará a súa posición
durante máis tempo.