O reitor da UDC dirixe un curso da UIMP que pon foco nas posibilidades da Cidade das TIC

martes, 26 de outubro do 2021 S. P.

Imaxe aérea da antiga Fábrica de Armas, hoxe en día Cidade das TIC O reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde, dirixe o curso da Universidad Internacional Menéndez Pelayo, UIMP. Trátase da actividade formativa A Cidade das TIC: construíndo un futuro dixital, que se celebra na Fundación Luis Seoane os días 4 e 5 de novembro.
O curso, que conta na súa secretaría coa catedrática de Computación e Intelixencia Artificial da Facultade de Informática da UDC e investigadora do CITIC (Centro de Investigación TIC da UDC) Amparo Alonso, tratará sobre o futuro económico-social nun mundo dixitalizado en que a Intelixencia Artificial e a análise de información a gran escala (Big Data) ocuparán a vida e modificarán todos os sectores económicos. En concreto, estudarase como o proxecto da Cidade das TIC, na antiga Fábrica de Armas da Coruña (onde se contempla a instalación dun espazo físico compartido de empresas e institucións relacionadas a través do dixital), “pode xogar un papel fundamental no desenvolvemento dese futuro”.
Programa
Xoves, 4 de novembro
10:00h. Inauguración
10:30h. Intelixencia Artificial, clave na recuperación económica. Carme Artigas Brugal, secretaria de Estado de Digitalización e Inteligencia Artificial
12:00h. Mesa redonda: As empresas tecnolóxicas e a súa aposta pola Cidade das TIC. Interveñen: Indra, Everis, IBM Research e Antonio Rodríguez del Corral presidente do Clúster TIC
16:00h. IA e sustentabilidade: impacto social e económico. Amparo Alonso Betanzos
17:00h. Mesa redonda: Retos e oportunidades da IA no desenvolvemento de empresas innovadoras. Interveñen: ABANCA Innova, Estrella Galicia, CETAG, GAIN/IGAPE, Fondos Capital-Riesgos CDTI
Venres, 5 de novembro
10:00h. Estratexia dixital e de IA de Galicia 2030. Mar Pereira, directora de AMTEGA.
12:30h. Mesa redonda: Dixitalización, IA e Big Data: motor económico e innovación empresarial. Interveñen: Alejandro Casteleiro, CEO Artabro Tech; Antonio Rodríguez del Corral, CEO de Cinfo; Fernando Vázquez, Director de Imatia; Guillermo Lopez Taboada, CEO Torusware
16:00h. Economía e sector TIC en España e Galicia. Fernando González Laxe, ex-presidente da Xunta de Galicia e Catedrático de Economía Aplicada na Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña
18:00h. Conferencia de clausura: Retos da nova sociedade nun mundo dixital. Antón Costas, catedrático de Economía da Universidad de Barcelona e presidente do Consejo Económico y Social.
Este evento forma parte da oferta de cursos breves da Universidad Internacional Menéndez Pelayo Galicia, coa colaboración do Concello da Coruña. O curso é presencial, para asistir é preciso inscribirse en galiciasa@uimp.es.

PUBLICIDADE