O proxecto Voces Centenarias permite escoitar recitados de María Casares

venres, 7 de outubro do 2022 S. P.

Con motivo dos cen anos do nacemento da gran drama do teatro galego, María Casares, o Consello da Cultura Galega (CCG) achegou un especial que permite aos internautas escoitar a voz da actriz. Entre os fragmentos que se escolmaron destaca un recitado en galego poemas de Curros Enríquez. Este especial abéirase ao proxecto Voces centenarias de CCG, iniciativa para mostrar e compartir gravacións vencelladas as persoas relevantes de Galicia que atesoura o Arquivo Sonoro de Galicia,
As gravacións desta nova entrega do proxecto Voces Centenarias que ofrecen a voz de María Casares proceden Colección Afundación e o Círculo das Artes de Lugo que custodia o Arquivo Sonoro de Galicia. O primeiro dos cortes é de 1957, cando a popular realiza unha xira por América Latina co Théâtre National Populaire de Jean Vilar. O segundo dos fragmentos é tamén desa xira, consiste no recitado de Cántiga, o primeiro poema en galego de Curros Enríquez que fala da emigración e da separación. O terceiro dos cortes é de 1963, cando a discográfica CBS de Bos Aires edita o disco Amor divino. Amor humano, unha escolma de poesía castelá na voz de María Casares, acompañada polo coro Lagun Onak e a guitarra de Roberto Bergonzi.
Voces centenarias
O 13 de setembro de 2021 o Consello da Cultura Galega puxo en marcha o proxecto Voces centenarias, unha iniciativa para visibilizar mensualmente a voz de persoeiros da cultura, da política, da emigración... que axudaron a perfilar o noso pasado pero tamén o noso destino presente e futuro. O proxecto comezou a andar con gravacións de Filgueira Valverde, Rafael Dieste, Maruxa Boga, Laxeiro e Osorio Tafall.

PUBLICIDADE