O proxecto SocialStream pretende crear unha plataforma para conectar redes sociais

luns, 9 de xullo do 2007 Marcus Fernández

Grandes empresas na Rede coma Yahoo e Google levan anos apostando polas redes sociais en servizos coma Flickr, YouTube ou Orkut, e precisamente baseándose neste último servizo Google estaría a colaborar cun grupo de investigación da Universidade Carnegie Mellon nun proxecto coñecido coma SocialStream, que buscará a interoperabilidade entre os seus distintos servizos.
Esta nova plataforma de rede social irá máis aló de ser un redeseño de Orkut, pois achegaría datos de blogs ou imaxes de Flickr e Picasa Web Album, de xeito que permite achegarse á información publicada na Rede segundo o seu usuario e non baseándose no servizo dende o que se publica.
O servizos que se está a desenvolver inclúe tamén unha barra lateral semellante a Google Talk que nos permite ver as actualizacións dos nosos contactos. Trátase dun interesante proxecto que serviría como nexo de unión de redes sociais que se podería integrar na familia de Google no futuro, e que podemos ver no seguinte video:

PUBLICIDADE