O proxecto Evoluciona informa a 350 empresarios en Vigo sobre o novo Plan Xeral Contable

martes, 19 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

O pasado 1 de xaneiro entrou en vigor o novo Plan Xeral de Contabilidade, e ante o feito de que o 75% dos empresarios galegos descoñecen cómo lles afectará o mesmo, se está a presentar por 40 cidades españolas o proxecto Evoluciona, que busca axudar á adaptación das compañías mediante as novas tecnoloxías.
O proxecto recalou este martes en Vigo, onde se deron a coñecer exemplos prácticos sobre o Novo Plan Contable na iniciativa privada, ilustrando sobre as ferramentas tecnóxicas que poden mellorar o desenvolvemento empresarial da man de empresas coma Sage Mediana Empresa, HP, Intel, Vodafone e Caixanova, destacando o director comercial para a Zona de Vigo e sur de Pontevedra desta última que a vontade da entidade galega por impulsar as impulsar as iniciativas empresariais e lembrou que Caixanova é pioneira no lanzamento da factura electrónica cunha aplicación compatible co software que deseña Sage para a adaptación ó Plan Xeral de 2008.
O encontro en Vigo xuntou a uns 350 empresarios, superandos sobradamente as estimacións da organización, e máis adianter percorrerá outras cidades galegas como Pontevedra e A Coruña.

PUBLICIDADE