O proxecto A Vila do Mañá proseguirá en formato virtual o seu traballo de transformación urbana
venres, 18 de decembro do 2020
O
proxecto A Vila de Mañá, destinado a transformar os lugares nos que
vivimos en sitios mellores e amigábeis coa nenez, foi presentado
este xoves nos seus detalles pola Deputación da Coruña (unha das
entidades que envorca esforzos en apoiar esta iniciativa, xunto con
Concellos como o de Carballo, Ribeira, Ames, Rianxo, Santiago, A
Pobra do Caramiñal ou Ferrol, entre outros). Ademais, este ano a
iniciativa terá unha marcada vertente dixital.
Cambiar
o concepto dos espazos urbanos e facelos habitábeis para as persoas,
coas urxencias que impuxo a crise sanitaria, é o obxectivo renovado
desta edición 2020 do proxecto A Vila do Mañá, que conta co
apoio da Deputación da Coruña a través da liña de subvencións en
concorrencia competitiva para proxectos singulares.
O
deputado de Cultura, Xurxo Couto, a coordinadora Sandra González e a
arquitecta, Luz Paz presentaron o libro A vila do mañá en tempos
de pandemia na Deputación da Coruña. A obra recolle a
experiencia do proxecto en Arzúa como modelo de actuación na nova
normalidade e “co obxectivo de construír coas novas xeracións un
futuro mellor para as persoas en vilas e cidades”.
Formato
virtual
Días
antes, o
Concello de Carballo anunciou que “dous anos despois dunha primeira
e proveitosa experiencia co proxecto A Vila do Mañá”, vaise
recuperar cun formato virtual que permitirá seguir involucrando
á nenez “no deseño dun Carballo do futuro no que tamén haberá
que ter en conta todos os cambios que a COVID-19 está traendo ás
nosas vidas”.
Segundo
fixo saber a creadora da iniciativa, a arquitecta Sandra González
Álvarez, para manter a esencia das actividades (antes presenciais e
agora virtuais) créase unha caixiña cos materiais necesarios para
realizar as diferentes accións que se lle proporán aos
participantes a través dunha área privada na páxina web
A Vila do Mañá. Así, haberá actividades que os
participantes deberán realizar tanto dentro coma fóra da casa,
contribuíndo a converter a vila bergantiñá “nun taboleiro
semellante ao do xogo da oca, pero conformado por aqueles elementos
arquitectónicos, urbanísticos, paisaxísticos e culturais que
configuran a vila”.