SICON

Deputación de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3015 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

O potencial das redes como palestras profesionais será un dos eixes temáticos de Compostweets

venres 10 de febreiro do 2012, por Fernando Sarasqueta | | Compartir | |

JPEG - 66 KB
Público na edición anterior de Compostweets

Xa vai quedando pouco para un dos eventos máis importantes da tempada en materia de novas tecnoloxías e aplicacións anti-crise desas tecnoloxías: a segunda edición do foro Compostweets, da que falamos hai pouco con motivo de terse feito público o programa de relatores. O evento, galego pero con alcance internacional, centrarase en boa medida nestas ferramentas que nos cambian a vida, as redes sociais, e que semellan subministrar moitas máis vantaxes e posibilidades das que pensabamos nun comezo, cando aínda non eramos totalmente 2.0. A cita será o 25 deste mes no Centro de Novas Tecnoloxías de Santiago, e vén da man da empresa Lúdica7. Segundo se avanza na web do evento, un dos temas estrela a tratar será o potencial dos servizos 2.0 para a busca de traballo.
De feito, analistas web, económicos e empresariais apuntan a que unha boa parte da actividade dos departamentos humanos das compañías está cada vez máis centrada nas redes sociais, cubríndose os elos esenciais da cadea. Arestora, conta Compostweets, a Rede é o medio referencial para buscar emprego, e, de xeito paralelo e complementario, para a procura de traballadoras e traballadores dentro das empresas. Proliferan, de feito, os servizos específicos e os portais que xestionan o contacto entre uns e outros, pero a estes hai que sumar, dun tempo a esta parte, un novo tipo de axente en activo: as redes sociais. Nelas, as persoas demandantes de emprego teñen un espazo axeitado de comunicación para transmitir os seus valores, habilidades, cualidades ou competencias. Estas cuestións, das que cómpre falar en detalle, en parte tamén pola súa implicación na superación da crise produtiva, serán o alicerce de relatorios como o de Raquel Lemos, que achegará aos asistentes ao evento á súa experiencia en Publiwoman, currículo-blog onde amosa o seu ideario sobre o marketing alternativo, ou o da blogueira Nela Bernal, expoñendo o miolo de A Fervenza do Sur, a súa bitácora.. En breve, e a medida que se achegue a data decisiva, iremos dando conta de máis relatores e máis temas a tratar.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS