O potencial das redes 2.0 na ensinanza será o eixe de dous cursos da Universidade de Vigo

xoves, 23 de decembro do 2010 Fernando Sarasketa

A Universidade de Vigo organiza os días vindeiros dous cursos sobre o potencial das novas tecnoloxías 2.0 aplicadas á ensinanza. A finalidade de ámbalas dúas actividades é afondar nos cambios que está a sofrir a Internet nos últimos tempos, xa afastada do que era nun comezo, sendo a posibilidade de facérmola nós mesmos e do xeito máis doado unha das súas grandes novidades. “A web 2.0 supón unha nova forma de deseñar, usar e pensar en internet que fai que os usuarios pasen de ser consumidores de información a participar activamente na construción das páxinas”, sinálase dende a Universidade.
Os cursos, dixiridos ao profesorado dos campus, chegan da man da Vicerreitoría de Alumnado e Calidade, e xa teñen aberto o prazo para a matrícula. Tratáse dun obradoiro de Aplicacións educativas na Web 2.0, previsto para a semana do 20 ao 27 de xaneiro, e outro de Planificación e deseño dunha materia na plataforma TEMA dende unha perspectiva pedagóxico-práctica, que se impartirá entre os días 15 e 23 de febreiro. En ámbolos casos, os asistentes (20 por cada curso), recibirán un certificado de asistencia “sempre que estén presentes, polo menos, en cinco sesións completas das seis que ten o obradoiro”. A primeira actividade será impartida por Pedro Cuesta e a segunda por Sonia Álvarez.. Os dos cursos impartiranse a través da plataforma Bubela.

PUBLICIDADE