O potencial das nosas TIC ao servizo do sector téxtil, polo miúdo este martes en Vigo

luns, 15 de xullo do 2013 Redacción

Este martes 16 de xullo o Centro de Excelencia de Vigo vai celebrar unha xornada de demostración dirixida a amosar diferentes recursos tecnolóxicos da nosa industria TIC de especial valor para o medre competitivo e internacional dos integrantes doutro dos nosos grandes sector, o vinculado á elaboración de roupa e calzado. O showroom Modelando o futuro do sector téxtil celebrarase nas instalacións de Texvigo, a partir das 9.30 horas. O seu obxectivo é, como dixemos, achegar ao público asistente solucións tecnolóxicas para o sector téxtil que consigan un grao de diferenciación (valor engadido, diminución de custos, etc) que poida axudar á industria galega a acadar a máxima competitividade.
Segundo informa o Centro de Excelencia, facendo referencia aos porqués deste evento, “a industria de téxtil-confección en España e en particular en Galicia, que fora un dos alicerces no proceso de industrialización, vén experimentando nos últimos anos un profundo proceso de cambio”. En certa maneira, explícase, o que se precisa é un proceso de cambio, de adaptación, en relación a outros cambios, entre os que se inclúe un novo marco competitivo marcado pola liberalización dos mercados a nivel mundial ou a crecente competitividade de países emerxentes. Todo isto, engade o Centro de Excelencia, “fai preciso que esta industria adopte unha nova estratexia empresarial que lle permita mellorar a súa capacidade competitiva e o seu posicionamento no mercado internacional, enfocándose na innovación e a diferenciación para xerar un maior valor engadido nos seus produtos”.
Programa (Definitivo)
9:30h a 10:00h. Rexistro de asistentes
10:00h a 10:10h Apertura da xornada
Regina Carreira López, Vicexerente de Internacionalización da Universidade de Vigo
10:10h a 10:30h Necesidades da industria do téxtil en materia tecnolóxica
Alberto Rocha. Secretario xeral en COINTEGA
10:30h a 11:30h Experiencias no sector (Parte I)
Regina Carreira López, Vicexerente de Internacionalización da Universidade de Vigo
Intelixencia téxtil. Desenvolvementos e evolución dos téxtiles técnicos.
Jose María Sacristán. Director de Proxectos Grupo I+D en Téxtiles Intelixentes e Funcionais AITEX
Tendencias en I+D e innovación no téxtil e confección
Hélder Rosendo. Subdirector xeral Technology & Engineering Manager de CITEVE Centro Tecnolóxico
Procesado de Materiais téxtiles con tecnoloxía láser
Nerea Otero. Centro de Aplicacións Láser-AIMEN
11:30h Pausa
12:00h a 13:20h Experiencias no sector (Parte II)
Moderadora: Rosa Eguizábal Gándara, Directora Xestión de Chan. Consorcio Zona Franca de Vigo.
Proxecto Conectta CRM. Xestión integral de pedidos sobre tablets
José Bahamonde. Presidente de Texvigo
Elastic Fashion Business. Sistema integral de xestión para empresas do sector téxtil
Óscar Rodríguez. Director de Proxectos en Imatia
Tecnoloxía de cálculo e deseño mecánico aplicado ao desenvolvemento de novos produtos téxtiles
Lorena Rosende. Dpto. Coordinación de Proxectos Grupo CIMA – UVigo
O discurso do deseño. Un diálogo innovador
Mª Dolores Dopico. Directora dos Estudos Superiores en Deseño Téxtil e Moda de Galiza – UVigo
13:20h a 13:30h Rogos e preguntas
13:00h Peche da xornada

PUBLICIDADE