O portal Abert@s incorpora os datos das pasadas eleccións ao Parlamento Galego

luns, 19 de novembro do 2012 Marcus Fernández

En setembro a Xunta de Galicia publicou os datos relativos ás eleccións ao Parlamento de Galicia nas convocatorios 2009 e 2005 a través do portal Abert@s, para facilitar o seu acceso en formatos abertos, o que facilita a creación de servizos e aplicacións ao seu redor, e avanzando neste ámbito do Open Data incorporan agora os resultados definitivos das pasadas eleccións do 21 de outubro, facendo doada a súa reutilización.
Como exemplo de uso dos datos temos que Bahía Software e El Correo Gallego desenvolveron unha aplicación para móbiles chamada Eleccións Galicia, que facilitou a consulta dos datos dos procesos electorais ao Parlamento Galego, así como un seguimento en tempo real do escrutinio da xornada do electoral, funcións que poderá continuar tal ferramenta no futuro grazas á dispoñibilidade da información de xeito aberto na Rede.

PUBLICIDADE