O pai de Super Mario opta ao Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidade

mércores, 4 de maio do 2011 Marcus Fernández

A un par de semanas de que se dea a coñecer o fallo do xurado que decide a concesión do Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades 2011, e por segundo ano consecutivo, a organización do Gamelab propón a Shigueru Miyamoto, o creador de videoxogos máis influínte da historia, como candidato a este galardón.
Entre a obra de Miyamoto están as franquías de Mario, Donkey Kong e Zelda (auténticas iconas do mundo dos videoxogos e da cultura popular), pero tamén está considerado como un xenio do lecer interactivo, por promover o uso de videoxogos como activadores físicos, sendo a cabeza visible de proxectos como Wii Sports e Wii Fit.
Para amosar o apoio á candidatura de Miyamoto aos Premios Príncipe de Asturias dende Gamelab crearon unha páxina web da iniciativa e unha páxina de Facebook.

PUBLICIDADE