O número 100 de Código Cero na Televisión de Galicia

luns, 16 de xaneiro do 2012 Marcus Fernández

O pasado sábado achegámonos ao programa A Revista Fin de Semana da Televisión de Galicia para falar, entre outras cousas, do número 100 da nosa publicación impresa, que coincide co 10º aniversario da mesma, e que consideramos que no seu cento de páxinas recolle un pequeno reflexo do que é o sector tecnolóxico galego, á vez que permite que moita xente que nos acompañou nesta travesía poida plasmar o seu parecer sobre temas de interese, como unha mostra de apoio neste momento no que estamos encantados de celebrar a nosa traxectoria e queremos agradecer a todos os que contribuíron a que estes 10 anos de actividade fosen posibles.
Durante o programa televisivo da pasada fin de semana tamén comentamos as nosas colaboracións con varios programas da Radio Galega, o que tamén enriquecen enormemente a nosa actividade, e facemos unha breve mención ao dominio .gal, que estamos a perseguir a través da nosa participación na Asociación PuntoGal e que agardarmos que sexa unha realidade a mediados de 2013.
Dende aquí queremos agradecer á TVG a oportunidade de poder falar en directo do noso número 100 e tamén a todos os que continúan a confiar en nós tras estes 10 anos.


Intervención do subdirector de Código Cero no programa A Revista Fin de Semana (TVG)