O novo robot limpacristais de Smarttek recoñecido en MELCO 2017

mércores, 14 de xuño do 2017 Redacción

Durante os días 6 e 7 de xuño celebrouse en Zaragoza MELCO 2017, feira dedicada á distribución de consumo de novas tecnoloxías e pequeno electrodoméstico (PAE) onde o robot limpacristais Smartbot Hobot 268 recibiu o Premio na categoría PAE durante a Gala MELCO Premios 2017, que valoran a innovación tecnolóxica, o pulo de vendas e o deseño, estando formado o xurado dos premios por representantes dos principais retailers de España, así como de periodistas especializados no sector.
A nova xeración de robots limpacristais da compañía betanceira Smarttek facilita a limpeza automática de calquera tipo de superficie lisa a unha velocidade máis elevada (2,4 metros cadrados por minuto) o que permite realizar a tarefa nun tempo mínimo e de xeito eficaz e silencioso.

O Smartbot Hobot 268 foi o robot limpacristais galardoado en MELCO 2017

PUBLICIDADE