O novo Tomb Raider non chegará ata o ano que vén

luns, 14 de maio do 2012 Marcus Fernández

Crystal Dynamics estaba a prepar unha renovación da saga de Tomb Raider para o vindeiro outono, cun xogo con versións para Xbox 360, PlayStation 3 e PC, pero esta fin de semana anunciaron que este agardado xogo adiarase preto de 6 meses, para chegar no primeiro trimestre de 2013 para poder pulir axeitadamente o xogo.
O máximo responsable do estudo, Darrell Gallagher asegura que a súa compañía marcárase 2 grandes obxectivos: crear un Tomb Raider moderno e desenvolver o mellor xogo das súas carreiras, e para poder entregar un xogo co maior nivel de calidade é polo que optaron por demorar o seu lanzamento uns poucos meses.
Non é o único xogo que está a mudar a súa data de lanzamento, senón que nos últimos días tamén se confirmou que Bioshock Infinite non chegará ata 2013, polo que está a darse a entender que 2013 será un ano bastante forte en estreas de grandes títulos, o que podería responder a unha estratexia comercial para espallar os lanzamentos da actual xeración de consolas de videoxogos, para que o salto á vindeira xeración non sexa moi brusco.

Nova imaxe do xogo que está a desenvolver Crystal Dynamics
No novo xogo viviremos unha dura loita pola supervivencia
Pese á súa renovación, Tomb Raider non perderá os seus elementos de plataformas que caracterizaban a anterior saga