O novo Apple TV pode mercarse por dende 179 euros
luns, 26 de outubro do 2015
A primeiros de setembro, durante a presentación
na que deron a coñecer os novos iPhone e o iPad Pro, Apple tamén amosou un
novo Apple TV, que renovábase de xeito substancial non só por adoptar un tamaño
fÃsico máis grande e un mando a distancia cun panel táctil, micrófono e
sensores de movemento que melloran substancialmente o control do dispositivo,
senón tamén a posibilidade de instalar aplicacións, o que abre todo un abano de
posibilidades para o Apple TV.
Finalmente hoxe chega o novo Apple TV
á tenda en liña de Apple para España, o que permÃtenos coñecer o seu prezo de
venda, que é un pouco máis elevado do que moitos agardaban, xa que os 149 e 199
dólares dos modelos con 32 e 64 GB de almacenamento interno convértense en 179
e 229 euros en España, o que pon un pouco alta a barreira para mercar este trebello
que como grande reclamo ten o correr aplicacións en tvOS, que aÃnda son poucas, pero que
pouco a pouco irá incrementando un catálogo de xogos e apps deseñadas para o
televisor.
AÃnda que nun principio podemos pensar que o Apple TV limitarse a contar con
aplicacións como a de Wuaki.tv ou Netflix, para acceder a contidos audiovisuais,
o certo é que hai máis compañÃas que están a atopar interesante achegarse ao
salón doméstico, como por exemplo, Airbnb. De todos os xeitos, poder completar
os usos audiovisuais do Apple TV simplemente con xogos como Rayman Adventures, Transistor, Manticore Rising
ou Guitar Hero xa é motivo dabondo
para certos usuarios para querer renovar o deu Apple TV e asà gozar desta nova
versión que xa move con soltura vÃdeo Full HD (até 1.080p a 60 fps con H.264) e
conéctase á Rede sen fÃos a grande velocidade (soporta Wi-Fi AC con MIMO).