O navegador web para Wii pasa a ser de balde

martes, 1 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Os usuarios da Wii de Nintendo poderán descargar de balde a partires de hoxe o Canal Internet para a súa consola doméstica, que vén a ser unha versión especial do navegador web Opera que permite explorar a Internet e incluso soporta tecnoloxía Flash, e que ata o momento estaba á venda por 500 Wii Points.
Para compensar aos usuarios da Wii que pagaron estes puntos no pasado polo Canal Internet, a partires de outubro recibirán unha compensación en forma dun xogo de NES para a consola virtual valorado no mesmo prezo.

PUBLICIDADE