O navegador Google Chrome alertará da inseguridade das comunicacións das páxinas sen https://

luns, 12 de setembro do 2016 Marcus Fernández

Para mellorar a seguridade na web dende Google decidiron que o navegador Chrome vai tomar medidas drásticas contra as páxinas web que teñen sistemas de identificación de usuarios que non empreguen conexións seguras, ou sexa, que a partires da versión 56 de Chrome (prevista para o mes de xaneiro) xa non haberá que fixarse se unha páxina web ten o prefixo https://, ou presenta a icona dun cadeado en cor verde, senón que se unha páxina web pide contrasinais ou números de tarxeta de bancaria a través de conexións http sen cifrar xa non se considerarán neutrais, senón que xunto ao enderezo da páxina web indicarase textualmente que a páxina web en concreto non é segura.
De feito, avisan coa debida antelación para que os responsables das páxinas web que poidan verse afectadas tomen medidas e aposten polo uso de comunicacións seguras, como xa fan actualmente a metade das páxinas web ás que os usuarios acceden a través de Chrome.
Dado que os usuarios que usan Chrome en modo incógnito, confiando en que a seguridade da súa navegación sexa máis privada, a advertencia que estará presente no navegador será aínda máis rechamante, de xeito que realizarse con letras en cor vermello é cunha icona dun triángulo de alerta, de xeito que os usuarios serán máis conscientes de que as súas comunicacións poden interceptarse na Rede sempre que non se cifren debidamente.

PUBLICIDADE