O mundo de Harry Potter seguirá vivo nunha nova páxina web: Pottermore

xoves, 23 de xuño do 2011 Marcus Fernández

A autora da saga literaria de Harry Potter, J.K. Rowling, agora que as aventuras do novo mago están a chegar á súa fin na pantalla grande, sorprende cun novo proxecto, Pottermore: unha páxina web única e de libre uso que constrúe unha emocionante experiencia en liña arredor da lectura dos seus famosos libros de Potter que conta coa colaboración de Sony.
Para este proxecto de colaboración, J.K. Rowling escribiu gran cantidade de novo material sobre os personaxes, lugares e obxectos das súas moi queridas historias, que informarán, inspirarán e entreterán aos lectores mentres viaxan a través da trama dos libros. Pottermore incorporará máis tarde unha tenda en liña na que poderá adquirirse en exclusiva os longamente esperados libros electrónicos e audiolibros de Harry Potter, en colaboración cos seus editores de todo o mundo. Segundo vaia desenvolvéndose a Pottermore Shop preténdese que poida incluír produtos adicionais deseñados especificamente para os seguidores de Harry Potter, ofrecendo un potencial punto de venda para os produtos de Sony e servizos relacionados con Pottermore. Para coidar o interese internacional por Harry Potter, a web terá inicialmente versións en inglés, francés, italiano, alemán e español.
O lanzamento de Pottermore en probas será o vindeiro 31 de xullo, aínda que dende xa é posible introducir o noso correo electrónico para recibir unha notificación no momento no que se abra o proceso de rexistro neste novo espazo na web.


J. K. Rowling anuncia o lanzamento de Pottermore

PUBLICIDADE