O iPhone venderase libre en Francia por 649 euros

mércores, 28 de novembro do 2007

Mentres en Alemaña T-Mobile vende o iPhone libre por 999 euros, en Francia parecen apostar polo realismo e France Telecom (que estreará durante este mércores o móbil de Apple a 399 euros) anunciou que permitirá a liberación do iPhone por 100 euros ós seus clientes tras 6 meses de contrato.
Tamén se poderá mercar directamente o iPhone libre por 649 euros (sen contrato) ou por 549 euros (cun contrato de Orange).

PUBLICIDADE