O iPhone é vulnerable a ataques por SMS
xoves, 30 de xullo do 2009
- Collin Mulliner e Charlie Miller serán quen expliquen as vulnerabilidade do iPhone na Black Hat
Os expertos en
seguridade informática Charlie Miller e Collin Mulliner atoparon un fallo de
seguridade no iPhone que pode explotarse a través de mensaxes de texto,
informaron a Apple sobre o mesmo hai 6 semanas, e en vista de que seguen sen
solucionar o problema procederán
a dar os detalles durante o encontro Black Hat que ten lugar hoxe, o
que deberÃa forzar á compañÃa de Steve Jobs a traballar rápido en parchear o iPhone ante a posibilidade de
bloquealo ou remitir ao seu buscador a unha web con malware cunha simple mensaxe SMS.
Mullier comentou a Cnet que cando apareceu un fallo semellante para Android
(que só permitÃa bloquear o terminal, e non tomar control do mesmo) tardaron 1
ou 2 dÃas en arranxalo, polo que a lentitude de Apple non parece moi
responsable.
ACTUALIZACIÓN (31-7-2009): Finalmente Apple lanzou unha actualización arranxando a vulnerabilidade detectada.