O iPhone e a Wii se puideron ver na gala dos Oscars

luns, 25 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

Stewart co iPhone durante a gala dos Oscars

A cerimonia dos Oscars de Hollywood non destacou este ano só por premiar a Javier Bardem coma o mellor actor de reparto, senón que tamén sorprendeu a moitos afeccionados á tecnoloxía porque o conductor da gala, Jon Stewart, fixo alarde dun iPhone de Apple, que utilizou para ver a película Lawrence de Arabia para amosar cómo se pode ver unha película nos formatos normal e panorámico a xeito de broma.
Amais, tras unha volta de publicidade, Stewart apareceu xogando ó tenis nunha Nintendo Wii coa cantante e actriz Jamia. A partida presentábase na pantalla xigante tralo escenario e foi un claro exemplo de que o presentador está cos tempos que corren:

PUBLICIDADE