O iPhone 3GS dispara o número de vídeos cargados a YouTube dende o móbil

xoves, 25 de xuño do 2009 Marcus Fernández

Dende Google informan de que nos últimos 6 meses as cargas de vídeos dende móbiles a YouTube incrementouse un 1.700%, e que tras o lanzamento do iPhone 3GS medraron un 400%, dando a entender que a integración de mecanismos para facilitar a publicación na Internet de vídeos gravados no móbil podería disparar o número de vídeos dispoñibles na web (o que podería chegar a ser o peor pesadelo para YouTube, que tería problemas para capitalizar ese volume inmenso de pezas de vídeo de reducida calidade e pouco interese público).
Os terminais de HTC co sistema operativo Android tamén contan con modos de publicación en YouTube, pero distan bastante de acadar a repercusión que está a ter o novo móbil de Apple, e na última semana o iPhone 3GS podería ter sido o responsable de máis da metade de subidas a YouTube dende dispositivos móbiles. Todo indica así que a popularidade da limitada cámara fotográfica das anteriores versión dos iPhone trasladarase agora aos vídeos gravados co novo terminal telefónico.


Explicación sobre os doados pasos a seguir para cargar un vídeo a YouTube dende o móbil

PUBLICIDADE